LugoPatrimonio :: Asociación Cultural

9 de setembro de 2021
Despois de máis de ano e medio sen actividades debido á pandemia da Covid-19, a xunta directiva decidiu retomalas coa conferencia introdutoria sobre “Os santuarios, os cruceiros e os cemiterios da Terra Cha”, que contarán coa explicación en sendas conferencias dos especialistas, doutores José Manuel Blanco Prado e Fernando Arribas Arias e rematará cun percorrido no que se comprenden aqueles elementos patrimoniais máis salientables que se atopan en varios concellos da citada comarca.


A charla foi moi didáctica e clara, ilustrada con proxeccións, sobre un oficio tradicional milenario, que ten como protagonistas aos canteiros, que foi durante centos de anos o gremio máis importante e numeroso, artesáns que foron transmitindo ao longo do tempo métodos e costumes, sen apenas evolucionar, elaborando obras eternas feitas con ferramentas rudimentarias, con poucos medios e sen máis formación profesional que a tradición e que hoxe forman parte do noso patrimonio cultural, tanto no plano artístico como no etnográfico. O canteiro non tiña formación académica, a súa escola era a tradición, pero en ocasións copiaba da arquitectura culta.

SETEMBRO

Día  9 de setembro, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia do canteiro José Cernadas Sande sobre “A cantería tradicional”.

Xoves, 09 Setembro 2021 17:30

Anotacións para Las Edades del Hombre

De 17,30 a 18,30 horas no Pazo das Pombas, Rúa do Miño, 9

Viaxe do 22 e 23 de outubro para a visita ás dúas exposicións Lux de Las Edades del Hombre, en Carrión de los Condes e Sahagún, 150 € en cuarto individual e 135 € en cuarto dobre.
Debido ás habitación dispoñibles no hotel e ao número de persoas por grupo para as visitas debido ás normas Covid, terán preferencia os xa anotados.

Mércores, 01 Setembro 2021 18:37

REANUDACIÓN DE ACTIVIDADES

Estimados socios:

Despois de ano e medio sen actividades en Lugo Patrimonio, o próximo día 9 de setembro ímola retomar segundo o Programa que se adxunta, cuxo desenvolvemento estará condicionado sempre ás disposicións sobre protección da saúde que diten as autoridades sanitarias debido á pandemia da Covid-19.  Debido ás restricións derivadas das normas vixentes, os aforos están limitados, tanto para a formación de grupos para as visitas como para asistir ás conferencias que se celebrarán no Salón da Deputación Provincial.

Como só poderán asistir 57 persoas, será necesario apuntarse dous días antes, enviando ao o correo electrónico  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o nome e apelidos, número do D.N.I. e teléfono de contacto, datos que temos que facilitar o día antes da conferencia á Deputación para o control da entrada. Polo tanto para a reserva do asento seguirase a orde de recepción ata  completar o aforo establecido.

Polas mesmas causas non podemos facer as anotacións para as viaxes na Deputación polo que serán no Pazo das Pombas, Rúa do Miño, 9, no día e hora que figura na Programación. Para calquera aclaración dirixirse ao correo electrónico da Asociación ou chamar ao teléfono do presidente, 656 23 63 43. Moitas grazas e un saúdo

A XUNTA DIRECTIVA

Lugo Patrimonio

Sábado, 20 Xuño 2020 08:00

(Adiado) Viaxe a Illa de Arousa.

Día 20 de xuño

Saída ás 8 horas

Viaxe a Illa de Arousa.

Día 2 de xuño, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Manuel Lara Coira sobre "O patrimonio industrial na illa de Arousa".

De 19 a 20 horas

Anotacións para a viaxe a Illa de Arousa do día 20.

Día 2 de xuño, martes

Salón de actos da Deputación Provincial

De 19 a 20 horas

Anotacións para a viaxe a Illa de Arousa do día 20.

Venres, 29 Mai 2020 07:30

(Adiado) Viaxe a Asturias.

Día 29, 30 e 31 de maio
Saída ás 7,30 horas

Viaxe a Asturias.
Saída ás 7,30 horas.
Día 29. Visitas á mina e poboado de Arnao; Avilés, xantar, visita guiada polo casco histórico e Centro Niemeyer; Oviedo, Hotel de la Reconquista, cea libre.
Día 30. visitas ao poboado mineiro de Bustiello; Socavón de La Rebaldana e Pozu Espinos; xantar en Santa Cruz de Mieres; igrexa prerrománica de Santa Cristina de Lena; San Esteban de Pravia; Oviedo, cea na Capela Real do Hotel de la Reconquista.
Día 31. Visitas á Universidade Laboral de Xixón; ciudadela de Celestino Solar, Paseo Marítimo, xantar, Museo do Ferrocarril. Saída para Lugo.

Día 12 de maio, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Coferencia de Miguel Ángel Álvarez Areces sobre "O Patrimonio Industrial en Asturias".

Día 25 de abril, sábado

Saída ás 8,30 horas

Viaxe á Ourense para ver patrimonio industrial.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Astorga +

    Día 26, sábado Viaxe a Astorga. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Viaxe a Zaragoza e Tarragona +

    Do 5 luns ao 10 sábado Viaxe a Zaragoza e Tarragona. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Conferencia de Helena López Gómez sobre “As mulleres en Roma vida e vicisitudes”. +

    Día 13 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Helena López Gómez, doutora,  Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO